Total visitas á páxina

sábado, 8 de octubre de 2011

J. Baleato Iglesias

Non vou entrar en política, xa que son de ideoloxía diferente á de Baleato, e podería incurrir en terxiversacións, etc., non sería ético.
Estos días corre tinta, e correrá, pola dimisión-inhabilitación de J. Baleato, pero fagamos unha pausa e xulguemos(mellor fagamos análise) a J. Baleato como persoa.
J. Baleato tiña(e seguirá a ter) moitos enemigos políticos, máis ¿cantos enemigos persoales tiña(ten)?
J. Baleato é persoa accesible, amigo de facer favores e(coido) amigo dos amigos.
J. Baleato cometeu o erro de levar á política enfrentamentos persoáis con outra persoa. E custoulle o cargo. Punto. Penso que eiquí debería rematar o conto.
Non é ético facer leña da árbore caída, seguir latricando como xa se está escoitando por ahí.
Algúns que agora murmuran contra dél, ben que lle facían a pelota e lle chupaban uns viños.
Mentras exercíu coma alcalde, critiqueino, fíxenlle comentarios políticos adversos, etc., máis sempre o respectei coma persoa, porque me merecía o meu respeto, e ségueme a merecelo.
Persoalmente J. Baleato ten o meu apoio e o meu respecto.

18-X-2011
Por desgracia, hoxe só podo dicir: R.I.P.
Morríu dun infarto ó corazón

No hay comentarios:

Publicar un comentario